Mirando cousas sobre a Galicia do período romano, atopei unha curiosidade, unha marca de cervexas galegas co nome de "Gallaecia" como homenaxe ó "espíritu da bravura Celta" como se cita na súa páxina web.
Déixovos o enlace por se lle queredes botar unha ollada: www.cervezagallaecia.com
5 de marzo de 2012
Durante a estancia dos suevos en Gallaecia, houbo diferentes reis, dende Hermerico ata Andeca.
Vouvos contar un pouco de cada un destes reis, que marcaron o principio e o final do reino suevo en Gallaecia.
Hermerico reinou dende o ano 411 ata o 438 (3 anos antes da súa morte). Durante o seu reinado, someteu á poboación galaico-romana, e asinou un "foedus" (un pacto con Roma) no que establecía o seu reino na provincia romana de Gallaecia. Actuaba como federado de Roma, e mantivo a paz con eles, enfrontándose aos vándalos que se refuxiaran en Gallaecia despois de ser atacados polo visigodo Valia e chegaron a poñer en dificultades ó exército suevo nos Montes Nerbasos no ano 419, resolvendo Hermerico a situación, o que fixo posible a ocupación de toda Gallaecia mentres os vándalos marchaban cara a Bética. Hermerico abdica no ano 438, despois de sete anos de enfermidade, deixando todo o seu poder nas máns do seu fillo Requiario.
Vouvos contar un pouco de cada un destes reis, que marcaron o principio e o final do reino suevo en Gallaecia.
Hermerico reinou dende o ano 411 ata o 438 (3 anos antes da súa morte). Durante o seu reinado, someteu á poboación galaico-romana, e asinou un "foedus" (un pacto con Roma) no que establecía o seu reino na provincia romana de Gallaecia. Actuaba como federado de Roma, e mantivo a paz con eles, enfrontándose aos vándalos que se refuxiaran en Gallaecia despois de ser atacados polo visigodo Valia e chegaron a poñer en dificultades ó exército suevo nos Montes Nerbasos no ano 419, resolvendo Hermerico a situación, o que fixo posible a ocupación de toda Gallaecia mentres os vándalos marchaban cara a Bética. Hermerico abdica no ano 438, despois de sete anos de enfermidade, deixando todo o seu poder nas máns do seu fillo Requiario.
Andeca gobernou o Reino de Galicia entre os anos 584 e 585. Leovixildo (rei visigodo) adentrouse en Gallaecia cos seus exércitos, e tras derrotar a Andeca, saqueou a capital (Braga) e se anexionou ó reino de Gallaecia, co que finalizou o mandato dos suevos no reino de Galicia.
Os suevos representan, para a historia de Galicia, a primeira experiencia dun Estado independente. Hoxe valórase este feito con moitas matizacións. Parece que os suevos non foron os promotores de cambios fundamentais, senón que se limitaron a favorecer unha serie de transformacións da sociedade galega. Durante a etapa sueva definíronse os límites xeográficos básicos da futura Galicia, puxéronse as bases da organización comarcal e local, e a igrexa e os propios habitantes inician unha nova época, a Idade Media.
Nun aspecto no que a influencia sueva resultou clave foi na organización da Igrexa e na definitiva cristianización do territorio galaico.
No aspecto artístico, non se conservan demasiados restos da época germánica no territorio galaico. Entre os primeiros mosteiros Galegos está San Pedro de Rocas (Ourense)
Tamén as denominadas “laudas en estola” (tampas de sartegos cunha forma que lembra unha estola eclesiástica) son atribuídas á etapa sueva,
así como pezas de ourivería .
16 de febrero de 2012
¿Cómo se asaltaban os castillos medievais?
O trabuco era o arma máis utilizado para o asedio e a toma das cidades e fortalezas. Esta máquina que lanzaba pedras, funcionou primeiro mediante unha soga estirada, e a partir do século XIII, a través dun sistema de contrapesos. Lanzaban proxectís a unha distancia de ata 400 metros. Xeralmente a munición utilizada eran pedras pesadas, pero tamén chegaron a lanzarse animais mortos ou cadáveres humáns para enviar así enfermidades aos habitantes do castelo.
Herdada das lexións romanas, a catapulta tamén se utilizaba a menudo nos asedios medievais. A diferencia do trabuco, era unha máquina de tiro horizontal que funcionaba grazas á torsión de cordas. Con ela podían lanzarse tanto pedras, como dardos ou saetas. Para o asedio de murallas e castelos foron utilizados tamén lanza-proxectís, arietes e torres de asalto.
Os mapas da idade media.
Son totalmente diferentes aos de hoxe en día, tanto pola súa forma como pola orientación.
Estos mapas están moi simplificados e son conocidos como "Mapas de T en O" . A "O" ven de que en eles o mundo estaba delimitado por unha circunferencia e hai que imaxinalos como se estivesen inmersos nunha "T".
A línea horizontal simboliza a distancia entre o Mar Negro e o Nilo, dividindo Europa e África do continente asiático, e a línea vertical representa o Mar Mediterráneo á mesma vez que dividía o continente europeo de África.
Se cree que esta concepción do mundo cos tres continentes coñecidos foi inspirada polo reparto do mundo recollido na Biblia, a través da historia de Noé e a distribución entre os seus tres fillos.
Isto é reforzado co feito de que estos mapas estaban orientados hacia ó este. É así porque é o lugar por onde sae o Sol, pero tamén porque Xerusalén (centro das tres grandes relixións monoteístas) se atopa ó este.
Secuestros na idade media.
Durante as numerosas batallas que se libraron na Europa medieval era frecuente que moitos cabaleiros resultaran capturados. Os heraldos rexistraban qué soldado era o responsable do secuestro e, polo tanto, o que posiblemente recibira o diñeiro como recompensa pola liberación. Quizáis un dos secuestros mais famosos e caros do medievo foi o de Ricardo Corazón de León ( Ricardo I de Inglaterra ). Ricardo voltaba a Inglaterra dende as Cruzadas en 1192 e, despois de encallar o seu barco cerca de Aquilea, tivo que seguir a perigosa ruta terrestre que atravesaba Europa Central. Foi capturado por Leopoldo V de Austria, que o identificou a pesar de que iba disfrazado como cabaleiro templario. O levou como prisioneiro ao emperador Enrique VI de Alemania, que o mantivo cautivo en Dürnstein. A súa nai, Leonor de Aquitania, foi quen tivo que recaudar o alto prezo da súa liberdade, que podería alcanzar o equivalente a 20 millóns de euros. Pola súa parte, a Orde do Temple, tiña prohibido que se pagara rescate por calquera dos seus membros, polo que cando os templarios caían en mans de árabes ou de musulmáns, eran decapitados rápidamente.
¿Cómo se arreglaban as mulleres medievais?
Loura, pálida, coas meixelas encarnadas, os beizos vermellos e nada de pelo no corpo. Este era o ideal da beleza feminina medieval, que as mulleres trataban de alcanzar mediante prácticas como a depilación coa axuda de tiras de papel impregnadas de resina. Eran habituais os ungüentos para manter a tersura dos senos ou os tintes para o cabelo, ademais de cremas de vidrio molido e perfumes de azufre.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

