23 de abril de 2012

A revolución fallida que mudou Galicia.

En 1864 Galicia foi escenario dunha revolución que deixaría unha fonda marca na historia e na cultura do territorio. Malia o seu fracaso, o alzamento liberal de 1846 marcou a política e o pensamento da época,  e ten unha importancia fundamental en como se desenvolveu despois o Rexurdimento eo Rexionalismo galego. Aínda hoxe, as lembranzas daqueles feitos continúan con vida.

Unha revolución non ten sempre que vencer para mudar a realidade. Pódese pensar que este foi o caso do pronunciamento que protagonizou o exército en 1846. O que comezara coma un alzamento liberal deu paso ó provincialismo en Galicia, denunciando de xeito explícito a situación de abandono no que se atopaba Galicia respecto ó goberno central. "Que foi o que pasou? Este movemento militar coincidiu no tempo cunha xeración de mozos universitarios que teimaban en reivindicar a idea de Galiza" Explica o historiador Prudencio Viveiro. "É a xeración provincialista, eran os fundadores do galeguismo. Dende polo menos 1840 estes mozos provincialistas denunciaban a situación de abandono á que estaba sometida Galicia, esquecida polo centralismo ignorante, que non dubidara en subdividir o antigo reino en catro provincias sen ningunha base histórica. Os provincialistas defendían que Galiza era unha unidade, unha soa provincia, de ahí o seu nome. Criticaban tamén a postración económica, as necesidades que pasaban os galegos, ofrecendo ideas para superar esta situación. Os provincialistas deixaron por escrito o seu programa en varios xornais de Santiago, cabeceiras como La Aurora de Galicia ou El Porvenir, fálannos ben as claras de cal era o cerne dos provincialistas: Galiza e os seus problemas. Ó chegar abril de 1864 estes militantes do provincialismo deciden pasar á acción. É entón cando se unen ó movemento insurrecional" 


As posibilidades reais de que o alzamento triunfase non eran moi elevadas, aínda que naquela época este tipo de rebelións eran habituais e en moitas ocasións conseguían os seus obxectivos. "O liberalismo español do século XIX non foi quen de deseñar mecanismos de alternancia política. Deste xeito, o bando político apartado do poder tiña que recorrer ó uso da violencia para tentar chegar ás institucións. É así como se explica que o oitocentos español estea cheo de pronunciamentos militares, case sempre procurando o acceso ó poder dos elementos máis progresistas do liberalismo" explica Viveiro.
No caso concreto de 1846, a localización exclusivamente galega da revolta dificultaba as súas posibilidades de mudar o goberno de Madrid. Para mais, as capacidades dos sublevados non eran comparables ás do experimentado De la Concha, enviado para liquidar, con éxito, o foco.

O fracaso do alzamento e fusilamento de Solís e de once dos seus oficiais, os chamados Mártires de Carral, foron unha semente que xermelou non moito tempo despois no Rexurdimento de finais do século XIX.




(Monumento ós mártires de Carral) 


(Placa onde se citan os fusilados)


Co Rexurdimento viría unha maior conciencia das peculiaridades culturais do país, incidindo en cuestións como a lingua, non contempladas polos provincialistas do 46.

No décimo aniversario destes acontecementos, en 1856, se celebra o coñecido Banquete de Conxo,
que reuniu obreiros e estudantes neste barrio compostelán, e que se considera un fito na recuperación das nosas letras, coa participación de persoas como Aguirre ou Pondal.


A pegada destes feitos deixouse sentir aínda tempo despois. A coincidir con outro aniversario, en 1904, erixíase en Carral o monumento que conmemora os falecidos naqueles acontecementos, cunha intervención na que Manuel Murguía louvaba o espírito daquela revolta.






El mesmo contemplara a fin dos combates cando era neno desde a súa fiestra en Compostela. O monumento foi desde aquela escenario de numerosos actos reivindicativos, coma o realizado o 26 de abril de 1931 e no que interviu Manuel Lugrís Freire, escritor e activista galego. Hoxe, 156 anos despois, podemos atopar pegadas daqueles feitos. O Concello de Teo ten dende 2008 unha ruta sinalizada que percorre os escenarios da decisiva Batalla de Cacheiras. Xosé Miranda recuperou esta época na súa novela histórica Morning Star (1998) seguindo a estela que xa iniciara o propio Otero Pedrayo en Os camiños da vida.






19 de abril de 2012

"El Catón Compostelano"

O 1 de maio de 1800, un bibliotecario da Universidade de Santiago (Francisco de Valle Inclán) comezou unha aventura que duraría dous séculos: a publicación do primeiro xornal de Galicia, "El Catón Compostelano". O xornal, moi distinto ós outros que coñecemos, trataba e polemizaba sobre multitude de temas da cultura e sociedade do seu tempo dende a sempre insólita perspectiva do seu autor. A sección de Comunicación do Consello de Cultura Galega recuperou e publicou a colección completa de dito xornal.

¿Sabías que o xornalismo moderno comezou en Galicia no ano 1800? Este xornal foi creado por Francisco del Valle Inclán, devanceiro do escritor de Luces de bohemia. Era bibliotecario da Universidade de Santiago, un home culto de moito carácter.

El Catón Compostelano aporta moitos datos sobre como era a prensa da época. Por el sabemos que os galegos daquela xa gostaban de ler os xornais que viñan do extranxeiro, e que participaban con paixón nas polémicas que ían xurdindo polas palabras de Francisco Valle Inclán.
É un xornal moi distinto ós da nosa época. Saía semanalmente e os seus primeiros números chamábanse "discursos". Cada discurso trataba sobre un tema determinado do que o editor ou os lectores polemizaban. Deste xeito, falábase sobre a utilidade da arte de escribir, sobre a necesidade de escribir unha "historia natural" de Galicia, é dicir, dun gran estudio biolóxico do país, sobre a posibilidade de facer unha "máquina de volar" ou unha curiosa polémica xurdida a partir dun artigo de Valle Inclán sobre a "necesidade dos cregos compostelanos de deixarse barba".

O Consello da Cultura Galega, a través da súa sección de comunicación, coordinada por Xosé López e a axuda de Afonso Vázquez Monxardín, localizou a colección completa e fixo as xestións para que a Xunta de Galicia a adquira para ser patrimonio público.
Posteriormente á publicación destes traballos, atopouse na Biblioteca do Seminario maior de Ourense, unha nova colección que consta de vintedous discursos encadernados en pergamiño.

No ano 2000 o Consello da Cultura Galega celebrou o bicentenario da súa aparición editando un facsímile, xunto cun volume de Estudos. O exemplar elexido para a realización desta reproducción foi adquirido polo CCG ós herdeiros de Ramón Vázquez Salgado. Componse esta colección de vinteun discursos, o mesmo número de entregas que ten a serie que atesoura a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre de Coruña.

A reproducción de El Catón Compostelano ofrécea en formato PDF o Consello da Cultura Galega na súa páxina web, que podedes ver facendo click aquí.

Conservas.

A primeira noticia da conserva chegou a España en 1840 co naufraxio frente a Finisterre dun navío francés. Na Galicia costeira existía xa tradición doutros métodos de conservación como a salazón ou o afumado de sardiñas. En menos dun ano foi creada a primeira fábrica conserveira de pescado.

A industria conserveira galega remóntase á metade do século XIX, coma sector industrial se inicia cerca de 1880, coincidindo cunha crisis pesqueira que animou ós fabricantes a crear factorías de capital mixto en Galicia  e Portugal. Foron os catalás os primeiros en istalarse nos nosos pobos costeiros creando importantes fábricas de conserva que co paso do tempo, chegaron a convertirse nalgunhas das mais importantes do mundo.
Durante o primeiro terzo do século XX, a industria conserveira atravesou unha etapa expansiva xa que os beneficios obtidos durante a Primeira Guerra Mundial convertiron Vigo na capital conserveira de Galicia. Pero a Gran Depresión e os impagos en Latinoamérica disminuíron as exportacións nos anos 30 e foi rexistrada unha disminución do mercado interior cara á II república.

A primeira conserveira galega dátase en 1838 cando o señor Juan Goday Gual instala na Illa de Arousa unha fábrica de salazón. Anos máis tarde, ó longo dunha viaxe que lle leva a pasar por Francia, coñeceu as novas técnicas de conservación dos alimentos. No ano 1879, Goday estaba poñendo a semilla dun sector estratéxico na Galicia do seguinte século, instalando a primeira fábrica de conservas "Goday" moderna en Galicia, nuns terreos da súa propiedade na Illa de Arousa. Os seus productos tiñan como destino como destino o mercado, tanto nacional coma internacional, pero para o consumo doméstico.




A Guerra Civil española propiciou un novo auxe polo abastecemento das tropas, pero a intervención estatal de 1941 e a falta de materia prima chega casi á práctica paralización desta industria.

Actualmente, España é o segundo país productor de conservas no mundo, estando en Galicia o 80% das empresas productoras de España.

18 de abril de 2012

Ferroláns ilustres nacidos no século XIX.


Jenaro Pérez Vilaamil (1807-1854) 




Formou parte do exército e combateu ás tropas francesas enviadas polo Duque de Angulema. En 1835 ingresou na Academia de Belas Artes de San Fernando, na que chegou a ser profesor de paisaxe, e director en 1845. Máis tarde foi nomeado pintor de cámara de Isabel II.
Foi pintor básicamente de paisaxes, aínda que tamén se lle atribúen cadros históricos.É considerado un dos grandes representantes do paisaxísmo romántico en España.




Concepción Arenal (1820-1893)



Foi unha importante escritora española e vinculada ó pioneiro movemento feminista de finais do século XIX.
O seu pai, Ángel del Arenal, foi un militar que sufriu moitas veces pola súa ideoloxía liberal e por estar en contra do réxime monárquico absolutista de Fernando VII. Morreu en 1829 tras unha enfermidade, deixando orfa a Concepción, quen en 1829 marcha coa súa nai e a súa irmá a Cantabria. En 1834 trasládanse a Madrid onde Concepción, contra a vontade da súa nai, entra de oínte na Facultade de dereito da universidade de Madrid, facéndose pasar por un home xa que naquela época as mulleres non tiñan permitido estudiar. Tamén así, parecendo un home, participou en tertulias políticas e literarias, loitando contra a discriminación das mulleres.
En 1860 escribiu "La beneficencia, la filantropía y la caridad", obra que presentou ó concurso que convoca a Academia de ciencias morais e políticas, co nome do seu fillo Fernando, que por aquel entón tiña 10 anos. Despois dunha serie de conflictos sobre a forma incorrecta de presentar a súa obra ó concurso, se lle concede o premio e é a primeira muller premiada pola Academia.
En 1872 funda a Constructora Benéfica, unha sociedade que se dedica á construcción de casas económicas para os obreiros. Posteriormente tamén colabora organizando en España a "Cruz Roja del Socorro", para os heridos das guerras carlistas, poñéndose ó frente dun hospital de campaña para os heridos da guerra de Miranda do ebro. 

Con Concepción, nace o feminismo en España. 

O noso instituto, como pequena homenaxe, leva o seu nome.




(Estatua adicada a Concepción Arenal en Ferrol)





Benito Vicetto Pérez (1824-1878)



Destacou sobre todo como historiador, coa súa obra en sete tomos "Historia de Galicia"  publicada no ano 1865 que abarca dende a Prehistoria ata o reinado de Isabel II.
Foi un autor literario en lingua española aínda que tamén escribiu tres poemas en galego. 
Na súa poesía recrea o mundo fantástico que encontraremos máis tarde en Eduardo Pondal, e a utilización de topónimos como si fosen nomes de persoaxes lexendarios. 
A súa producción novelística comeza en 1844 coa publicación de "El caballero verde" . En 1851 publicou  unha colección de lendas tituladas "Crónicas españolas". Por esta actividade novelística foi alcumado "el Walter Scott de Galicia".
Vicetto dirixiu "El clamor de Galicia" e "Revista de Galicia" e se autoconsidera o fundador do Rexionalismo; certo é  que tivo moita importancia no desenvolvemento deste movemento ideolóxico nese período, e tamén foi fundamental para o renacemento da historiografía galega.





Pablo Iglesias (1850-1925)




Tras unha infancia difícil na que tivo que emigrar a Madrid coa súa nai, e na que foi nun hospicio onde aprendeu a escribir, cerca do ano 1867 comezou a súa formación de forma autodidacta. Comezou a asistir a charlas académicas impartidas nos locales do Colexio Internacional , onde escoitou a Francisco Giner ou Miguel Echegaray. A asistencia de Pablo, chamado Paulino na familia, ás clases impulsadas polo ministro Manuel Zorrilla nos locais pertencentes ó Ministerio de Fomento, dotaríano das ferramentas necesarias para articulación dos seus pensamentos. 
Un dos hitos na súa vida foi no ano 1870, cando os tipógrafos madrileños o elixirían, xunto con outros compañeiros, como delegado ó concello local da AIT. En 1874 foi elexido presidente da Asociación General del Arte de Imprimir. 
Tras o seu ingreso na AIT, comenzou a sufrir persecucións e despidos  por parte de distintas imprentas. Así foi, que comezou a preparar na clandestinidade un novo partido político obreiro-socialista que culminou o 2 de maio de 1879 coa fundación do PSOE na taberna Casa Labra. 
Durante un tempo, chegou a vivir na redacción de "El Socialista", órgano de expresión do partido obreiro e que sirviu para articular o socialismo español nos anos de surximento. En 1888 fundou a "Unión General de Trabajadores", accedendo á súa presidencia en 1889. 
En 1890 encabezou a primeira manifestación do 1 de maio en España, na que se esixía unha xornada laboral de 8 horas e o cese do emprego dos nenos en actividades laborais. 
En 1910 o PSOE conseguiu o seu primeiro deputado da historia no Parlamento español, sendo Pablo o encargado de ocupar este posto. 
Pablo Iglesias diferénciase do resto de líderes do movemento obreiro de finais do século XIX pola súa condición de proletario e emigrante que lle fixo partir do escalón máis baixo da sociedade. Esta circunstancia confire á figura de Pablo Iglesias un matiz diferente, que foi destacado por autores como Martín Ramos, e forjou o seu espíritu combativo dende o coñecemento directo dos problemas da clase traballadora á que pertenceu ata a súa morte.

En Ferrol temos un parque adicado a él,



e un pequeno monumento nos Xardíns das Angustias.








José Canalejas (1854-1912)






Foi un avogado e político rexeneracionista e liberal español. Simpatizante do Partido Demócrata Progresista, de ideas republicanas, cando se produxo a Restauración borbónica abandonou esas ideas para incorporarse ó Partido Liberal de Sagasta 
Durante a Rexencia, sempre en gobernos presididos por Sagasta, foi ministro de Fomento, ministro de Gracia e Xusticia, ministro de Facenda e ministro de Agricultura, industria, comercio e obras públicas, departamento dende o cal impulsaría a creación do Instituto de Traballo. 
En 1879, preocupado pola situación de Cuba, viaxou á isla para ter información de primeira man do problema. Interesado no conflicto, alistouse como voluntario ás listas do exército e vestiu o traxe do rayadillo da época. 
Unha vez terminada e perdida a guerra, en 1902 fundou o seu propio partido, o Liberal-Demócrata, destacándose como cabeza dunha corriente esquerdista que defendía ideas demócratas e a separación da Igrexa e o Estado. 
Tras unificar as correntes que pugnaban no interior do liberalismo, foi Presidente de Consejo de Ministros entre febrero de 1910 e novembro de 1912, período no que presidiu ata tres gobernos dende os cales impulsou un programa de reformas (aboliu a Contribución de Consumos, estableceu o servicio militar obrigatorio e limitou a instalación de órdes relixiosas). Suprimiu o imposto de consumos, mellorou a lexislación social e intentou resolver a cuestión catalá cun proxecto de Mancomunidad. 
Non pudo chegar a realizar as desesperadas reformas políticas que transformarían o réxime existente nunha verdadeira democracia, rematando co caciquismo e o fraude electoral. Faleceu na mañá do 12 de novembro de 1912, asasinado polo anarquista Manuel Pardiñas. 

Existe un cortometraxe titulado "Asesinato y entierro de don José Canalejas" no que se reconstrúe a súa morte.


12 de abril de 2012

Ferrol no século XIX.

Déixovos varias fotos e debuxos de Ferrol feitos no século XIX a partir dos cales nos podemos facer unha idea de como eran as cousas por aquel entonces.

















19 de marzo de 2012

Teatros de Ferrol.

Dentro da historia de Ferrol, os teatros teñen moita importancia. Cidade que dende o século XVII veu como o seu crecemento (grazas á creación do Astillero e do Arsenal), facían dela unha cidade moderna que empezou a ter inquietudes culturais. Dentro destas atoparía a súa paixón polo teatro. Sería esta a razón pola que o empresario dunha compañía de óperas italiana, Nicolás Settaro, elixiría a cidade de Ferrol para construír o primeiro teatro que as súas rúas verían. O seu apelido servirá de nome ó mesmo, o teatro Settaro.

Entre o ano 1769 e 1770 este teatro vería a luz. Comezaría así unha longa lista de teatros que encherían de vida a cidade que verían o seu final ben por incendios nunca explicados ou por peches inesperados. 

Volvendo ó empresario italiano, este elixiu A Coruña como primeira cidade de Galicia para construír un teatro ante o desexo expreso do concello. Deste xeito, a súa empresa construiría o primeiro teatro da ópera de Galicia que sería derrubado ó ano seguinte. Ante este fracaso, decide probar sorte na cidade de ferrol. 
O Settaro estivo situado no que hoxe constitúe parte da Rúa da Iglesia no seu cruce cóa Rúa da Terra. Reducido a cinzas o 15 de Novembro de 1807, hoxe en día non queda nada da súa estructura, xa que novas vivendas se alzan no seu lugar. No seu recordo nin sequera unha placa, sería o primeiro dos olvidados.

Foron 10 anos os que Ferrol permaneceu sen teatro ata que en 1817 o Teatro Principal facía a súa aparición. Nun principio era un pequeno almacén que se improvisou como teatro suplindo as necesidades dun espazo no que poder representar. O seu constructor foi D. Vicente Lembeye que creou un espazo capacitado para 360 espectadores. A súa desaparición nin sequera está datada, a última noticia que se ten del é do ano 1878, segundo os arquivos do concello de Ferrol. Debido á súa pouca capacidade foi utilizado para pequenos espectáculos e de pouca capacidade, algo que se vería intensificado pola crise. 

O teatro filarmónico coexistiría nos derradeiros anos do Teatro Principal. A súa situación e data de creación son datos que se descoñecen, sendo de 1861 a primeira noticia que se ten del. Un pouco máis grande que o anterior, pertencía á Sociedade do Liceo de Artesáns. A súa peculiaridade é que contaba con dúas seccións, unha de declamación e outra de canto. Os últimos datos do mesmo son de 1869.

Tanto o Teatro Principal como o Filarmónico non reunían as condicións que o público ferrolán demandaba en canto a teatros. O aumento progresivo do benestar da cidade e do seu número de habitantes quería outra cousa mellor, querían teatro de calidade e en lugares de calidade. Froito desta petición foi a reunión que tivo lugar en 1862, ano no que toda unha serie de personalidades ligadas ó mundo cultural e político da cidade decidiron que o que necesitaba a cidade era un Teatro Jofre. O futuro coliseo abría as súas portas en 1892, pero antes falemos do Romea e do Teatro Circo. 

O Teatro Circo situábase no que hoxe é o emplazamento do mercado central de Ferrol. Estes terreos, sendo propiedade do concello, foron cedidos para a súa construcción. Inaugurouse o 13 de Xullo de 1879 sendo derribado dez anos despois pola necesidade que tiña a cidade dun mercado central. Ó ser os terreos propiedade do concello, o teatro veuse relegado en favor do novo mercado.

O Teatro Romea é outro dos descoñecidos desta longa lista. A súa orixe se descoñece, aínda que as primeiras noticias rondan o ano 1885. Situado na actual Rúa do Sol, tiña aforo para 440 persoas. Dous anos despois da súa apertura, sufrirá varias modificacións ampliando a súa capacidade e ó igual que o Teatro Circo, estaba destinado a representacións dramáticas, óperas, zarzuelas así como outros espectáculos de variedades. Non se sabe en que ano cerraría as súas portas ó público. En 1915 parece ser que recibiu invitados por última vez coa celebración dun mitin. A partir de entón sería destiñado a almacén, unha mostra máis do pouco aprecio que tiña a administración polos teatrais lugares nesta vella cidade. 

Entramos no século XX con dous edificios que marcarán a escea teatral desta cidade ferrolana. Un será o New England, situado enfrende do Jofre, no lugar hoxe ocupado por Correos. Inaugurouse no ano 1906 e desapareceu en 1914. Construído en madeira e con pouca capacidade, servía para a representación de espectáculos de pouca calidade para aquelas persoas que non podían pagar as costosas entradas do teatro Jofre, que xa por entonces era "o teatro dos ricos".


O outro protagonista do S.XX xunto co New England, foi o Teatro Renacemento (popularmente chamado Rena). Cunha longa historia de fama e decadencia, incendios e xulgados chegaría ós anos 80 de pasado século. Último dos esquecidos, ó longo de cas tres séculos de teatralidade abandonada.


18 de marzo de 2012

Ferrol naval.

O principal motor da economía de Ferrol, son os seus estaleiros.
Ferrol sempre estivo ligada ó mar, con tradición mariñeira e de pescadores, pero no século XVI o seu porto comezou a ser frecuentado por buques da Armada Real. Foi Felipe V (e posteriormente Fernando VI e Carlos III) os que impulsaron a construcción deste gran arsenal e estaleiro real para convertir a cidade na capital do departamento militar do noroeste de España. Felipe V decidiu fortalecer a Mariña de guerra e escolleu a ría de Ferrol, polas súas inmellorables características xeográficas e estratéxicas, como capital marítima do noroeste peninsular, o que deu como resultado a construcción do arseal e asteleiros máis modernos de Europa. Foi unha das empresas máis grandes e difíciles da España da Ilustración e que vinculará á cidade de Ferrol, dende entón ata hoxe, ós vaivéns da construcción naval e as complexas decisións do Estado. 



Esto deu lugar á ampliación da cidade, primeiro coa creación do barrio de Ferrol Vello (barrio de trazado medieval, con estreitas e irregulares rúas nas que aínda se conservan algunhas casas típicas mariñeiras) e despois o barrio de Esteiro, nos que estaban as vivendas de toda a poboación e inmigrantes que formaban a man de obra necesaria. 

Posteriormente foi creado o barrio da Magdalena, que albergaba a poboación de maior nivel  (oficiais da mariña, comerciantes e funcionarios) 





O arseal consta de 240.000m2 dividido en dúas zoas: o Arseal do Parque (primeira construcción de caracter militar) e o Arseal dos diques (industrial, onde se construían os buques)
A maioría dos edificios seguen a ser utilizados hoxe en día pola Armada, e todo o recinto está pechado e vixiado por persoal militar, salvo unha pequena zona do arseal dos diques (edificio de herrerías) que pode ser visitado, xa que nela se atopan o Museo de Anclas, o Museo Naval e "Exponav". 



No interior da parte aberta ó público, no patio formado polos edificios dos Inxeñeiros e Herrerías, se atopa o Museo de Anclas, no que se pode ver unha amplia colección de anclas procedentes dos buques da Armada.
Tamén nesa plaza está unha enorme estatua ecuestre de Franco, que foi trasladada no ano 2002 dende a Plaza de España. 





O museo naval se atopa no interior do arsenal, no antigo Cuartel de Presidiarios coñecido como "San Capio".
Consta de dúas plantas nas que hai miles de obxetos relacionados coa historia da navegación. 
Na planta baixa hai material de astilleiros, artillería, cañóns, maquetas de diferentes embarcacións, etc. Hai unha sala adicada á navegación, na que se poden ver mapas e distintos instrumentos náuticos e de medición como brúxulas, cuadrantes, e elementos de comunicación como unha estación de radio ou unha pistola de bengalas. 




A temática da exposición de "Exponav" é a construcción naval; inaugurouse en 2008 e constitúe o maior museo marítimo español no mundo dedicado a este tema.
Á entrada, hai tres pequenas salas onde se pode ver unha fragua e a fundición. Dentro, hai 12 salas, 6 de elas adicadas á forma e proceso de construcción dos barcos e outras 6 sobre os buques.