30 de enero de 2012

O teatro na idade media.

Na Europa da idade media como na Grecia Antigua, o teatro ten unha orixe relixiosa. Do Drama Litúrxico, destinado a fomenta-la comprensión e a devoción do pobo, nace a Literatura dramática. Despois de que os autores cristiáns desterraran o teatro clásico, a idade media recupera formas teatrais a partir dos tropos, melodías ampliadas ata crear pequenas escenas dialogadas, como o Quem quaeritis latino, no que os apóstoles visitan o sepulcro de Cristo resucitado.
O teatro medieval castelán conta con testimonios confusos, escasos e irregulares, ata o punto de poñer en dubida a sua existencia ata finales do seculo XV. En España o Teatro Medieval naceu nos templos, coma o de outros países, y consistiu na escenificación de feitos tomados da historia sagrada católica que eran representados en Nadal, Semana Santa, Festas de Corpus...



Arte románico en Galicia.

Galicia é unha das comunidades de España con maior patrimonio de edificios románicos.
Á cabeza do románico de Galicia atópase a catedral de Santiago de Compostela, pero Galicia é rica en catedrais medievais, como Lugo


 Ourense




 Tui 




e Mondoñedo.






 O galego é un arte románico caracterizado pola importancia de  mosteiros, verdadeiro plato forte da arquitectura medieval en Galicia.
Outra das características do románico de Galicia é o seu conservadurismo no tempo e a persistencia de formas románicas durante os siglos baixomedievais. Aunque algunhas innovacións góticas foron usadas nos conventos mendicantes e templos ruraies galegos dos seculos XIII ao XV, en casi todos eles perduran claras reminiscencias románicas, especialmente derivadas da Catedral de Santiago.

O reino suevo (II)

Os suevos representan, para a historia de Galicia, a primeira experiencia dun Estado independente. Hoxe valórase este feito con moitas matizacións. Parece que os suevos non foron os promotores de cambios fundamentais, senón que se limitaron a favorecer unha serie de transformacións da sociedade galega. Durante a etapa sueva definíronse os límites xeográficos básicos da futura Galicia, puxéronse as bases da organización comarcal e local, e a igrexa e os propios habitantes inician unha nova época, a Idade Media.
Nun aspecto no que a influencia sueva resultou clave foi na organización da Igrexa e na definitiva cristianización do territorio galaico.
No aspecto artístico, non se conservan demasiados restos da época germánica no territorio galaico. Entre os primeiros mosteiros Galegos está San Pedro de Rocas (Ourense)


 Tamén as denominadas “laudas en estola” (tampas de sartegos cunha forma que lembra unha estola eclesiástica) son atribuídas á etapa sueva, 


así como pezas de ourivería .



O reino suevo (I)

Un dos pobos bárbaros que invadiu a península foi o dos suevos quen, xunto con vándalos e alanos, atravesou a río Rin no ano 406, cegando rapidamente a Hispania. No ano 411 o emperador Honorio estableceu cos suevos un pacto polo que os romanos permitían a un pobo xermánico asentarse nunha zona do Imperio a cambio de que este deixase de atacar a Roma.
Os suevos pasaron por diferentes fases durante a súa estancia na península:

-Chegada e asentamento: Os suevos chegan a Gallaecia dirixidos por Hermerico, convertido no seu rei pouco despois. Durante os primeiros anos do seu asentamento, parece que demostran interese por mante-la paz.

-Expansión: A partir do ano 429, hai un cambio radical de actitude, tendo lugar varias campañas militares contra a poboación da Lusitania. Son os anos do reinado de Reckila, que será vencido na Batalla do río Órbigo polos visigodos no ano 456 tralos ataques á Tarraconense onde estaban asentados; os visigodos, victoriosos, asaltan e saquean Braga e introducen ó reino suevo na súa órbita de dependencia.

-A desaparición do reino suevo: No ano 550 o rei suevo Teodomiro e o seu sucesor; Mirón, levan a cabo unha serie de campañas militares co fin de liberarse dos visigodos e recupera-la independecia, pero este intento vai significa-la morte do reino suevo.