16 de mayo de 2012

Hispania.

A fábrica de lápices Hispania foi fundada nos anos trinta por varios socios, entre os que se atopaba Alberto Fernández Martín, un importante industrial da época, que ademáis de Hispania, tiña outras empresas.


"En la época de la posguerra, Hispania consiguió hacer unos lápices de una calidad impresionante, muy superiores a los que se hacían en el resto de España. La empresa también fabricaba plumillas de acero y peines de caucho, pero, sin duda, su producto estrella eran los lápices Jhoan Sindel, que tomaron nombre de un técnico alemán que fue reclutado por Fernández como jefe de taller" (La voz de Galicia)

     
(O técnico alemán Johann Sindel.)


Aínda que non está moi claro, o máis probable é que a fábrica fose proxectada polo arquitecto Rodolfo Ucha Piñeiro, que traballou como arquitecto municipal de Ferrol atal 1936. 


A empresa viviu a súa época dorada entre 1945 e 1959. A segunda guerra mundial provocou unha escasez en todo o globo de lápices alemáns, os de mellor calidade do mercado e os mesmos que fabricaba Hispania, que en 1946 tiña un capital de cinco millóns de pesetas. A finais dos 50, a empres tiña máis de 400 empleados, e os seus productos, de gama moi variada, tiñan unha notable aceptación no mercado.
Durante este período, a empresa chegaba a producir ata 180.000 unidades de lápices Johann Sindel ó día.





O contexto autárquico dificultaba a compra de maquinaria e tecnoloxía alemana, imprescindible para manter activo o proceso de producción. Para facer fronte a estas dificultades se creou dentro da fábrica un taller de maquinaria onde se imitaba a tecnoloxía alemana, o que permitiu superar a obsolescencia típica da industria española na posguerra.
Gracias á boa xestión da empresa fronte a un contexto adverso, a facturación non deixou de medrar. O redor do 60 ou 70% da producción dirixíase ó mercado interior. O 30 ou 40% restante se destinaba a Europa e Estados Unidos, uns mercados onde os productos alemáns disfrutaban dunha ampla acollida. O crecemento e a diversificación da producción provocou que as instalacións da fábrica resultaran insuficientes. Con este fin, decidiron trasladar a sección de carpintería a outro edificio. A ampliación do espazo fabril permitía producir unha maior cantidade de madeira nun tempo máis breve, co que a producción de lápices se multiplicou.

(Reseña aparecida no ABC o 3 de agosto de 1947) 


A finais dos 50, coa segunda xeración xa dentro da empresa, a fábrica alcanzou o seu maior momento de apoxeo. Paradóxicamente, a aprobación do Plan de Estabilización, que deu lugar a un crecente aperturismo da economía española, feriu de morte á fábrica , debido á importación de lápices procedentes doutros países.
Para facer fronte á nova situación era necesaria unha completa renovación tecnolóxica, pero decidiron non levalas a cabo ante as escasas expectativas de crecemento. Decidiron manter a fábrica aberta ata 1981. A vida da empresa se prolongou cinco anos máis do previsto, ata 1986, cando se tomou a decisión de disolver a sociedade, foi aprobada a súa liquidación e se vendeu a fábrica. 
Despois de anos de incertidumbre e numerosos problemas de orde fiscal e laboral, a fábrica, de máis de 4000 metros cuadrados de superficie, pechou o 30 de outubro de 1986 e o su futuro se viu abocado á ruina.

O primeiro destino do edificio foi a demolición con carácter especulativo, adicándose o solar á construcción de vivendas. Posteriormente, o proxecto foi paralizado e aínda que existiron diversas iniciativas de colectivos populares e de algún grupo político para recuperar o edificio dándolle un uso cívico ou dotacional.


Despois de estar anos en ruina, o certo é que a fábrica xa foi reducida a escombros a pesar de que moitos cidadáns se manifestaron en contra xa que a fábrica era considerada un Ben de Interés Cultural. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario