16 de febrero de 2012

¿Cómo se asaltaban os castillos medievais?



O trabuco era o arma máis utilizado para o asedio e a toma das cidades e fortalezas. Esta máquina que lanzaba pedras, funcionou primeiro mediante unha soga estirada, e a partir do século XIII, a través dun sistema de contrapesos. Lanzaban proxectís a unha distancia de ata 400 metros. Xeralmente a munición utilizada eran pedras pesadas, pero tamén chegaron a lanzarse animais mortos ou cadáveres humáns para enviar así enfermidades aos habitantes do castelo.
Herdada das lexións romanas, a catapulta tamén se utilizaba a menudo nos asedios medievais. A diferencia do trabuco, era unha máquina de tiro horizontal que funcionaba grazas á torsión de cordas. Con ela podían lanzarse tanto pedras, como dardos ou saetas. Para o asedio de murallas e castelos foron utilizados tamén lanza-proxectís, arietes e torres de asalto.










Os mapas da idade media.



Son totalmente diferentes aos de hoxe en día, tanto pola súa forma como pola orientación.
Estos mapas están moi simplificados e son conocidos como "Mapas de T en O" . A "O" ven de que en eles o mundo estaba delimitado por unha circunferencia e hai que imaxinalos como se estivesen inmersos nunha "T".


A línea horizontal simboliza a distancia entre o Mar Negro e o Nilo, dividindo Europa e África do continente asiático, e a línea vertical representa o Mar Mediterráneo á mesma vez que dividía o continente europeo de África.



Se cree que esta concepción do mundo cos tres continentes coñecidos foi inspirada polo reparto do mundo recollido na Biblia, a través da historia de Noé e a distribución entre os seus tres fillos.
Isto é reforzado co feito de que estos mapas estaban orientados hacia ó este. É así porque é o lugar por onde sae o Sol, pero tamén porque Xerusalén (centro das tres grandes relixións monoteístas) se atopa ó este.

Secuestros na idade media.



Durante as numerosas batallas que se libraron na Europa medieval era frecuente que moitos cabaleiros resultaran capturados. Os heraldos rexistraban qué soldado era o responsable do secuestro e, polo tanto, o que posiblemente recibira o diñeiro como recompensa pola liberación. Quizáis un dos secuestros mais famosos e caros do medievo foi o de Ricardo Corazón de León ( Ricardo I de Inglaterra ). Ricardo voltaba a Inglaterra dende as Cruzadas en 1192 e, despois de encallar o seu barco cerca de Aquilea, tivo que seguir a perigosa ruta terrestre que atravesaba Europa Central. Foi capturado por Leopoldo V de Austria, que o identificou a pesar de que iba disfrazado como cabaleiro templario. O levou como prisioneiro ao emperador Enrique VI de Alemania, que o mantivo cautivo en Dürnstein. A súa nai, Leonor de Aquitania, foi quen tivo que recaudar o alto prezo da súa liberdade, que podería alcanzar o equivalente a 20 millóns de euros. Pola súa parte, a Orde do Temple, tiña prohibido que se pagara rescate por calquera dos seus membros, polo que cando  os templarios caían en mans de árabes ou de musulmáns, eran decapitados rápidamente.

¿Cómo se arreglaban as mulleres medievais?

Loura, pálida, coas meixelas encarnadas, os beizos vermellos e nada de pelo no corpo. Este era o ideal da beleza feminina medieval, que as mulleres trataban de alcanzar mediante prácticas como a depilación coa axuda de tiras de papel impregnadas de resina. Eran habituais os ungüentos para manter a tersura dos senos ou os tintes para o cabelo, ademais de cremas de vidrio molido e perfumes de azufre.

10 de febrero de 2012

"A lenda do aforcado"

O cronista da época, Vasco da Ponte, sitúa os feitos en 1471. Nese ano as Torres de Altamira –en Brión–  pasan a ser desputadas no campo de batalla polas tropas do arcebispo compostelán Alonso II de Fonseca.
A relación coa familia dos Moscoso tiña como precedente principal oficiar o casamento de Don Lope Sánchez de Moscoso con Constanza Gómez Pérez das Mariñas, cuxo matrimonio fora declarado nulo por consanguinidade . Para intentar compensar ao conde, o mesmo arcebispo volve a casalo coa súa irmá Aldonza de Acevedo y Fonseca, contra a súa vontade. Tal é así que o noso cronista recolle que esta muller “foi aquela condesa de Altamira que se aforcou en Santiago”.
Naquela primeira batalla –a de Altamira– as tropas do arcebispo son derrotadas. Nunha segunda batalla continuadora do movemento irmandiño  –a do Castelo de Vimianzo, en posesión do arcebispo nesa época– as tropas lideradas por Lope Sánchez e outros fanse co Castelo e prometen non facer mal aos sometidos. A todos salvo a un, o peón Fernando de Xinzo, a quen quería tan mal que o mandou aforcar.


Logo de facer todos burla del, é levado á forca. Xa en pleno aforcamento, Fernando de Xinzo chama pola Nosa Señora de Guadalupe para que interceda por el. De súpeto, unha forte treboada fai a súa aparición e tanto os executores como os espectadores foxen; a corda creba e o aforcado cae ao chan. Aínda con vida, logra ponerse en pé e fuxir cara ao monte. Máis tarde, coa axuda dun compadre pasa un ano en Guadalupe e logo volve á súa casa, rouco para a toda vida pola presión daquela corda. 

8 de febrero de 2012

Pinchos medievais en Vimianzo.

Vídeonoticia do evento.


Realízase en Vimianzo unha vez ó ano, para rememorar a época medieva. Ofrécense pinchos elaborados con alimentos da época nalgúns bares e restaurantes da zona para que todos os que queiran os podan degustar.

Castelo de Pambre.

O castelo de Pambre, situado en Palas de Rei (Lugo) foi o único castelo que quedou en pé tras as revoltas irmandiñas de mediados do século XV.
Foi mandado construir por Gonzalo Ozores de Ulloa, e foi escenario das loitas entre Pedro I e Enrique de Trastámara, ademáis das loitas entre a nobreza e Afonso de Fonseca (arzobispo de Santiago)
En 1484 os condes de Monterrei fixéronse coa súa propiedade, pasando a pertencer á Casa de Alba. Dende aquela ata hoxe en día pasou por diferentes propietarios, e actualmente é propiedade privada, da "Congregación   de los Hermanos misioneros de los enfermos pobres de Vigo" grazas á donación do seu anterior propietario, Manuel Taboada Fernández (Conde de Borraxeiros)






Noticia dun periódico meses despois da apertura do castelo ó público.






6 de febrero de 2012

Os irmandiños

É un movemento campesiño galego, levado a cabo a mediados do medievo, no que se revelaron contra os nobres, o que se viu reflexado en dúas guerras unha que durou dende 1431 ata 1435 e unha segunda, que foi a máis importante, de 1467 a 1469. Nestas guerras, os campesiños lograron derruir case todos os castelos dos nobres, excepto un, o Castelo de Pambre. A pesar diso, os campesiños saíron derrotados nas dúas guerras.
A día de hoxe, rememórase esa época mediante diversos actos coma: 

- O festival irmandiño en Moeche







- As xornadas do pincho irmandiño en Vimianzo







- O torneo de baloncesto "CB irmandiños"

Noticia na web do club.



- Os lobos de Moeche