30 de enero de 2012

O teatro na idade media.

Na Europa da idade media como na Grecia Antigua, o teatro ten unha orixe relixiosa. Do Drama Litúrxico, destinado a fomenta-la comprensión e a devoción do pobo, nace a Literatura dramática. Despois de que os autores cristiáns desterraran o teatro clásico, a idade media recupera formas teatrais a partir dos tropos, melodías ampliadas ata crear pequenas escenas dialogadas, como o Quem quaeritis latino, no que os apóstoles visitan o sepulcro de Cristo resucitado.
O teatro medieval castelán conta con testimonios confusos, escasos e irregulares, ata o punto de poñer en dubida a sua existencia ata finales do seculo XV. En España o Teatro Medieval naceu nos templos, coma o de outros países, y consistiu na escenificación de feitos tomados da historia sagrada católica que eran representados en Nadal, Semana Santa, Festas de Corpus...



No hay comentarios:

Publicar un comentario