18 de mayo de 2012

150 anos como cidade.

Nin ten 150 anos, nin empezou a ser cidade no ano 1858, pero en 2008 se cumpliron 150 anos da visita da raíña Isabel II, que trouxo consigo o título oficial de cidade.

Foi durante aquel verano, de 1858 cando a monarca recorreu Castela e León, e Asturias ata chegar a Galicia. En septembro, cando chegou á ría ferrolá, se atopou cun cariño extraordinario: con ocasión da súa visita foi inaugurada unha nova entrada do Arsenal militar (a monumental plaza do Parque), e foi ubicado un arco triunfal en plena alameda da cidade, entre outros moitos agasallos.


A grandeza de Ferrol comezou xa no século XVIII. Ata entón, a seguridade natural do seu porto a proclamara base habitual da Armada Real, como no episodio da Armada invencible. Pero non pasaba de ser unha vila pertencente á casa de Andrade dende 1731. Pero o rey Felipe V a incorporou como propiedade real en 1733 e dende entón a súa vida está ligada directamente a esta dinastía real.

O acoso da marina británica nesos anos beneficiou a Galicia. Contra a voluntade e presión de importantes nobles e altos cargos favorecedores de Cádiz, nunha rivalidade que se mantén a día de hoxe, primeiro Felipe V e logo o marqués da ensenada tomaron decisións irreversibles para convertir a ría na cabeza do departamento marítimo do norte, sede do gran estaleiro de esteiro e base dun arsenal que foi a admiración das marinas de Europa.

Ahí comezan as décadas prodixiosas de Ferrol, protagonista dunha espectacular inversión estatal que apurou as arcas do rei pero que crearon en Galicia algo descoñecido ata entón: unha cidade de novo cuño, racional, aluvión de obreiros locais e enxeñeiros de élite reclutados incluso en segredo nas entrañas de Londres.

A partir de entón, a cidade se dilata e encolle co Estado, e singularmente cos presupostos de Defensa. Se encontrou coa miseria ó cambiar se século e sufriu como pocas o desastre de Trafalgar. Non só porque a maioría dos buques que perdeu España foran construídos e tiñan base no estaleiro do barrio de Esteiro, senón que os militares que sobreviviron padeceron o abandono económico dos exiguos fondos do Estado, e malviviron con ou sen os galóns.

Os estaleiros, o outro gran pulmón da cidade do que tamén Isabel II foi testigo porque o seu nome se impuxo en varias botaduras. Dende 1751, cando se entrega o primeiro barco á Armada Real ata hoxe, das súas gradas saíron uns 500 buques, moitos deles vanguardistas en tonelaxe e tecnoloxía.

¿Qué lle pideu Ferrol á raíña por aquel entón? O mesmo que desexarán mañá ante doña Sofía: manter esos dous pulmóns e que a estrada e o ferrocarril chegasen. A autoestrada chegou fai dez anos, cando todas as cidades a tiñan. Do tren ó porto, e do AVE, non se sabe. Pero os ferroláns xa non esperan a que o traigan os reis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario