30 de enero de 2012

O reino suevo (I)

Un dos pobos bárbaros que invadiu a península foi o dos suevos quen, xunto con vándalos e alanos, atravesou a río Rin no ano 406, cegando rapidamente a Hispania. No ano 411 o emperador Honorio estableceu cos suevos un pacto polo que os romanos permitían a un pobo xermánico asentarse nunha zona do Imperio a cambio de que este deixase de atacar a Roma.
Os suevos pasaron por diferentes fases durante a súa estancia na península:

-Chegada e asentamento: Os suevos chegan a Gallaecia dirixidos por Hermerico, convertido no seu rei pouco despois. Durante os primeiros anos do seu asentamento, parece que demostran interese por mante-la paz.

-Expansión: A partir do ano 429, hai un cambio radical de actitude, tendo lugar varias campañas militares contra a poboación da Lusitania. Son os anos do reinado de Reckila, que será vencido na Batalla do río Órbigo polos visigodos no ano 456 tralos ataques á Tarraconense onde estaban asentados; os visigodos, victoriosos, asaltan e saquean Braga e introducen ó reino suevo na súa órbita de dependencia.

-A desaparición do reino suevo: No ano 550 o rei suevo Teodomiro e o seu sucesor; Mirón, levan a cabo unha serie de campañas militares co fin de liberarse dos visigodos e recupera-la independecia, pero este intento vai significa-la morte do reino suevo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario