19 de marzo de 2012

Teatros de Ferrol.

Dentro da historia de Ferrol, os teatros teñen moita importancia. Cidade que dende o século XVII veu como o seu crecemento (grazas á creación do Astillero e do Arsenal), facían dela unha cidade moderna que empezou a ter inquietudes culturais. Dentro destas atoparía a súa paixón polo teatro. Sería esta a razón pola que o empresario dunha compañía de óperas italiana, Nicolás Settaro, elixiría a cidade de Ferrol para construír o primeiro teatro que as súas rúas verían. O seu apelido servirá de nome ó mesmo, o teatro Settaro.

Entre o ano 1769 e 1770 este teatro vería a luz. Comezaría así unha longa lista de teatros que encherían de vida a cidade que verían o seu final ben por incendios nunca explicados ou por peches inesperados. 

Volvendo ó empresario italiano, este elixiu A Coruña como primeira cidade de Galicia para construír un teatro ante o desexo expreso do concello. Deste xeito, a súa empresa construiría o primeiro teatro da ópera de Galicia que sería derrubado ó ano seguinte. Ante este fracaso, decide probar sorte na cidade de ferrol. 
O Settaro estivo situado no que hoxe constitúe parte da Rúa da Iglesia no seu cruce cóa Rúa da Terra. Reducido a cinzas o 15 de Novembro de 1807, hoxe en día non queda nada da súa estructura, xa que novas vivendas se alzan no seu lugar. No seu recordo nin sequera unha placa, sería o primeiro dos olvidados.

Foron 10 anos os que Ferrol permaneceu sen teatro ata que en 1817 o Teatro Principal facía a súa aparición. Nun principio era un pequeno almacén que se improvisou como teatro suplindo as necesidades dun espazo no que poder representar. O seu constructor foi D. Vicente Lembeye que creou un espazo capacitado para 360 espectadores. A súa desaparición nin sequera está datada, a última noticia que se ten del é do ano 1878, segundo os arquivos do concello de Ferrol. Debido á súa pouca capacidade foi utilizado para pequenos espectáculos e de pouca capacidade, algo que se vería intensificado pola crise. 

O teatro filarmónico coexistiría nos derradeiros anos do Teatro Principal. A súa situación e data de creación son datos que se descoñecen, sendo de 1861 a primeira noticia que se ten del. Un pouco máis grande que o anterior, pertencía á Sociedade do Liceo de Artesáns. A súa peculiaridade é que contaba con dúas seccións, unha de declamación e outra de canto. Os últimos datos do mesmo son de 1869.

Tanto o Teatro Principal como o Filarmónico non reunían as condicións que o público ferrolán demandaba en canto a teatros. O aumento progresivo do benestar da cidade e do seu número de habitantes quería outra cousa mellor, querían teatro de calidade e en lugares de calidade. Froito desta petición foi a reunión que tivo lugar en 1862, ano no que toda unha serie de personalidades ligadas ó mundo cultural e político da cidade decidiron que o que necesitaba a cidade era un Teatro Jofre. O futuro coliseo abría as súas portas en 1892, pero antes falemos do Romea e do Teatro Circo. 

O Teatro Circo situábase no que hoxe é o emplazamento do mercado central de Ferrol. Estes terreos, sendo propiedade do concello, foron cedidos para a súa construcción. Inaugurouse o 13 de Xullo de 1879 sendo derribado dez anos despois pola necesidade que tiña a cidade dun mercado central. Ó ser os terreos propiedade do concello, o teatro veuse relegado en favor do novo mercado.

O Teatro Romea é outro dos descoñecidos desta longa lista. A súa orixe se descoñece, aínda que as primeiras noticias rondan o ano 1885. Situado na actual Rúa do Sol, tiña aforo para 440 persoas. Dous anos despois da súa apertura, sufrirá varias modificacións ampliando a súa capacidade e ó igual que o Teatro Circo, estaba destinado a representacións dramáticas, óperas, zarzuelas así como outros espectáculos de variedades. Non se sabe en que ano cerraría as súas portas ó público. En 1915 parece ser que recibiu invitados por última vez coa celebración dun mitin. A partir de entón sería destiñado a almacén, unha mostra máis do pouco aprecio que tiña a administración polos teatrais lugares nesta vella cidade. 

Entramos no século XX con dous edificios que marcarán a escea teatral desta cidade ferrolana. Un será o New England, situado enfrende do Jofre, no lugar hoxe ocupado por Correos. Inaugurouse no ano 1906 e desapareceu en 1914. Construído en madeira e con pouca capacidade, servía para a representación de espectáculos de pouca calidade para aquelas persoas que non podían pagar as costosas entradas do teatro Jofre, que xa por entonces era "o teatro dos ricos".


O outro protagonista do S.XX xunto co New England, foi o Teatro Renacemento (popularmente chamado Rena). Cunha longa historia de fama e decadencia, incendios e xulgados chegaría ós anos 80 de pasado século. Último dos esquecidos, ó longo de cas tres séculos de teatralidade abandonada.


18 de marzo de 2012

Ferrol naval.

O principal motor da economía de Ferrol, son os seus estaleiros.
Ferrol sempre estivo ligada ó mar, con tradición mariñeira e de pescadores, pero no século XVI o seu porto comezou a ser frecuentado por buques da Armada Real. Foi Felipe V (e posteriormente Fernando VI e Carlos III) os que impulsaron a construcción deste gran arsenal e estaleiro real para convertir a cidade na capital do departamento militar do noroeste de España. Felipe V decidiu fortalecer a Mariña de guerra e escolleu a ría de Ferrol, polas súas inmellorables características xeográficas e estratéxicas, como capital marítima do noroeste peninsular, o que deu como resultado a construcción do arseal e asteleiros máis modernos de Europa. Foi unha das empresas máis grandes e difíciles da España da Ilustración e que vinculará á cidade de Ferrol, dende entón ata hoxe, ós vaivéns da construcción naval e as complexas decisións do Estado. 



Esto deu lugar á ampliación da cidade, primeiro coa creación do barrio de Ferrol Vello (barrio de trazado medieval, con estreitas e irregulares rúas nas que aínda se conservan algunhas casas típicas mariñeiras) e despois o barrio de Esteiro, nos que estaban as vivendas de toda a poboación e inmigrantes que formaban a man de obra necesaria. 

Posteriormente foi creado o barrio da Magdalena, que albergaba a poboación de maior nivel  (oficiais da mariña, comerciantes e funcionarios) 





O arseal consta de 240.000m2 dividido en dúas zoas: o Arseal do Parque (primeira construcción de caracter militar) e o Arseal dos diques (industrial, onde se construían os buques)
A maioría dos edificios seguen a ser utilizados hoxe en día pola Armada, e todo o recinto está pechado e vixiado por persoal militar, salvo unha pequena zona do arseal dos diques (edificio de herrerías) que pode ser visitado, xa que nela se atopan o Museo de Anclas, o Museo Naval e "Exponav". 



No interior da parte aberta ó público, no patio formado polos edificios dos Inxeñeiros e Herrerías, se atopa o Museo de Anclas, no que se pode ver unha amplia colección de anclas procedentes dos buques da Armada.
Tamén nesa plaza está unha enorme estatua ecuestre de Franco, que foi trasladada no ano 2002 dende a Plaza de España. 





O museo naval se atopa no interior do arsenal, no antigo Cuartel de Presidiarios coñecido como "San Capio".
Consta de dúas plantas nas que hai miles de obxetos relacionados coa historia da navegación. 
Na planta baixa hai material de astilleiros, artillería, cañóns, maquetas de diferentes embarcacións, etc. Hai unha sala adicada á navegación, na que se poden ver mapas e distintos instrumentos náuticos e de medición como brúxulas, cuadrantes, e elementos de comunicación como unha estación de radio ou unha pistola de bengalas. 




A temática da exposición de "Exponav" é a construcción naval; inaugurouse en 2008 e constitúe o maior museo marítimo español no mundo dedicado a este tema.
Á entrada, hai tres pequenas salas onde se pode ver unha fragua e a fundición. Dentro, hai 12 salas, 6 de elas adicadas á forma e proceso de construcción dos barcos e outras 6 sobre os buques. 


15 de marzo de 2012

O tesouro de Rande.

Existe unha polémica acerca de si os galeóns afundidos na Batalla de Rande esconden un tesouro, todavía sen rescatar. Moitos expertos pensan que é un mito, xa que na documentación da época se recolle a saída hacia Madrid dos tesouros, que se lograrían descargar antes da batalla.
O presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, dí o seguinte:


"Hay un tejido de leyendas oscuras sobre este tema. Desde mi punto de vista, el mito sobre el tesoro es precioso pero las investigaciones al respecto nos llevan fracaso de esta teoría. El príncipe de Barbanzón, capitán general de Galicia por aquel entonces, dirigió una expedición en la que mil carros de bueyes -venidos desde Pontevedra- partieron hacia Madrid. Incluso en el acta del Cabildo de Lugo, puede comprobarse cómo se asignó una cantidad de dinero para acoger estos carros en Lugo. Seguramente, la plata viajaría en los bueyes".


A pesar diso, distintas empresas interesáronse na búsqueda e extracción do suposto tesouro e dos galeóns. Recentemente, a empresa alemana San Simon GmbHi Gr, ofreceu á Xunta de Galicia 310 millóns de euros a cambio dun permiso para explora-la zona e o préstamo a largo plazo de tres galeóns que se mostrarían en museos de Moscú, Berlín e Rostock (Alemania).
O 3 de novembro de 2007 apareceron na prensa as primeiras imaxes dos galeóns afundidos, en concreto do "Santo Cristo de Maracaibo", obtidas por sónar por un grupo de arqueólogos, xeólogos e xeofísicos.



Os arqueólogos Javier Luaces e Cristina Toscano deseñaron un proxecto titulado "Museo parque temático Rande. Los tesoros perdidos. Centro de investigación subacuática de Galicia"  no que se propón a posibilidade de extraer un galeón e exhibilo nun gran acuario en vez de sometelo aos laboriosos procesos de secado.
O proxecto abarca a construcción dun centro de investigación de arqueoloxía subacuática galega, con capacidade para realizar prospeccións e excavacións e dotado con laboratorios, salas de exposicións de restos submariños, etc.

Se vos interesa, déixovos a noticia completa aquí.


A batalla de Rande.

Foi unha importante batalla librada no Estreito de Rande e dentro da Enseada de San Simón (onde agora se ubica a Ponte de Rande). Prodúxose o 23 de outubro de 1702 e enfrentou ás escuadras das coalicións anglo-holandesa e hispano-francesa, dentro do contexto da Guerra de Sucesión española.



(Plano da batalla de Rande que se exhibe no museo de Pontevedra)

Os galeones españois, cargados co maior envío coñecido de tesouros procedentes de América, iban ó mando do Almirante Manuel de Velasco y Tejada, estaban protexidos polos navíos franceses e entraron en Vigo o 22 de septembro de 1702. Refuxiáronse no fondo da ría, na enseada de San Simón, pasado xa o estreito de Rande protexido polo castelo de Corbeiro ao norte, e o de Rande ó sur, en lugar de dirixirse a Sevilla, o porto que monopolizaba o comercio co "Novo Mundo".


(Grabado holandés  de principios do século XVIII describindo as posicións dos contendentes)

O cargamento non foi descargado, xa que os de Sevilla se opoñían alegando que en Sevilla era o único lugar onde poderían realizar esa maniobra. Durante esa espera, os anglo-holandeses descubriron o escondite do preciado cargamento. Despois de catro semanas de chegada dos galeóns a Vigo, estos mantiñan a súa carga; os españois reforzaran a artillería das defensas de terra con cañóns procedentes dos navíos. Nos extremos do estreito cruzaron cadeas para impedir a entrada dos navíos anglo-holandeses, e os buques franceses protexían rodeándoos, aos galeóns de carga españois. 
Os anglo-holandeses, baixo o mandato do almirante George Rooke, planearon un ataque anfibio, mediante o cal conquistarían as defensas de terra, e unha vez dominados os castelos de Cordeiro e Rande, só quedaría abrilos e atacar coa flota.
O 23 de outubre comezou o ataque desembarcando tropas en ambas orillas da ría. O navío inglés "Torbay" puxo rumbo ría arriba, seguido dos navíos "Mary", "Kent" e "Monmouth". Este era o primeiro dos sete grupos dispostos ó ataque. O maior número de efectivos anglo-holandeses fixo que a victoria se decidira da súa parte. 




O cargamento de ouro, plata e outras riquezas estaba embarcado en tres galeóns de combate e catorce comerciais. A mala disposición das naves para unha adecuada defensa e a superioridade dos ingleses e holandeses fixo que en menos de 10 horas a batalla se decidira a favor dos atacantes. As defensas francesas cederon deixando vía libre ós galeóns cargados de riquezas. O almirante Velasco ordeou o afundimento dos barcos que conservaban parte da súa carga. 
Unha vez gañada a batalla, os atacantes saquearon Redondela e a isla de San Simón. Vigo quedou a salvo, protexida pola súa muralla. 
Na retirada, os anglo-holandeses levaron varios barcos apresados, entre eles un galeón español que estaba cargado cos tesouros recollidos. Á saída pola ría de Vigo, este galeón encallou ao paso polas Illas Cíes e afundiu, sen ser localizado. 


Don Fernando Chacón, testigo de excepción, describiu o combate da seguinte maneira:

"El domingo 22 de octubre por la mañana arrivó sobre Vigo toda la Armada de Inglaterra, que se componía de más de 150 navíos, los 70 de línea y los restantes de todo género de embarcaciones, incluyendo algunas carcasas de echar bombas, el mismo día por la tarde llegaron a dar fondo en la ría que llaman de Teis, mui cerca de nuestros navíos y luego salí de mi Almiranta con toda la gente de su dotación al fuerte del Norte a donde estaba señalado don Manuel Velasco con todas las Compañías de Infantería de los Vageles franceses. Aquella noche (el enemigo) intentó venir por tres veces a la cadena de donde fue rechazado, por la mañana reconociéndose que su desembarco era por Teis, mandó el Sr. Conde de Chatternaut que todas las demás compañías passaran al fuerte de Rande incluiendo las de mi hermano Don Fernando Chacón y haviendo ganado el fuerte quedó este prisionero y herido en la caveça y viendo el Sr. Conde de Chatternaut que ganado el fuerte de Rande era dueño de los navíos (el enemigo) dio horden para que todos se quemaran, excepto algunos que les faltaron las minas no se prendieron en el incendio, casso bien fatal...... con tanto tesón de una y otra parte, que, mezclados los leños, casi era inútil el cañón. Peleábase con fuegos de inhumano artificio, ollas, camisas y bolas de betún ardiente. Deseaban los franceses venir al borde, porque estaban más bien guarnecidos de gente de guerra; pero los ingleses toda la lid acometieron al fuego, y siendo en número superiores, no podían diez naves defenderse de tanta multitud de leños enemigos, que suplían siempre los maltratados."



Realízase, na universidade de Vigo, un curso no que pretenden ensinar ós alumnos unha visión sobre a Batalla de Rande non como algo aislado, senón dentro do contexto histórico dunha etapa que marca a transición entre a idade moderna e a contemporánea.


En 1967 inaugurouse o "Monumento a los Galeones de Rande", obra do arquitecto Desiderio Pernas. É unha gran plataforma sobre a que están situadas tres anclas de navíos hundidos na Batalla de Rande. 






Julio Verne foi o mellor portavoz da batalla. O escritor francés puxo a bahía de Vigo na literatura universal, debemos situarnos no oitavo capítulo do libro "Veinte mil leguas de viaje submarino" no que o capitán Nemo lle relata a Arronax o contexto da batalla de Rande.
O autor, visitou Vigo tempo despois de publicar a súa obra.


8 de marzo de 2012

San Felipe, La Palma e San Martín.

Estos son os nomes dos tres castelos que flanquean a entrada da Ría de Ferrol.


O castelo de San Felipe se comeza a construir no el ano 1557 por orden de Felipe II, de quen toma o seu nome. A súa forma ven dada tanto polo canle de entrada marítimo como pola orografía (relieve) do terreo.


A súa función consistía na defensa do puerto de Ferrol, axudado polos castelos de "La Palma" y de "San Martín", situados na beira oposta da ría.


Ferrol, como punto estratéxico para o reaprovisionamento dos buques da Armada Real, necesitaba un sistema defensivo eficaz fronte ás pretensións dos almirantes ingleses e franceses. Así, no ano 1557 comeza a construcción deste castelo, e pouco máis tarde, se constrúen tamén os outros dous castelos.
En 1588, debido a un temporal, parte das naves que formaban parte a Gran Armada de Felipe II buscou refuxio en Ferrol. En 1594 a armada inglesa intentou apoderarse de Ferrol, fracasando no intento, igual que en 1639 durante o ataque francés ao mando do almirante Henri D'escobleau, onde os tres castelos demostraron a súa eficacia. O 25 de agosto de 1800 ten lugar un intento de apoderarse de Ferrol e destruir os artilleiros por parte dunha armada inglesa durante a Batalla de Brión con máis de 100 barcos e 15.000 homes, que tras enviar tres oleadas contra o castelo, que foron sucesivamente vencidas tanto por o castelo de San Felipe, como polo de La Palma, e das cañoneras situadas na ría, obligando ás tropas británicas a reembarcar. Tras a derrota inglesa, Napoleón celebrou a victoria coa frase " por los valientes ferrolanos".

Na foto, pódese observar o buque "El Cano" entre os castelos de San Felipe e La Palma. 







Dende o ano 2002, realízase cada ano unha recreación da Batalla de Brión, na que as tropas británicas intentaron tomar Ferrol, pero foi en vano.






Hoxe en día, o castelo pode ser visitando, incluso hai visitas guiadas en Semana Santa e en verán.

Existe incluso un libro no que se conta a historia deste castelo, chámase "Guía del Castillo de San Felipe", está escrito por J. Antonio Rodríguez-Vilasanchez.



Son poucos os datos que hai acerca do Castelo da Palma. 

Foi construído en 1597. Carecía de armamento, a súa función limitábase só á vixilancia do paso marítimo. A súa última función foi como cárcere militar, onde foi encarcerado, entre outros, o golpista Antonio Tejeiro.
O castelo foi reformado en 1895 para facer fronte á amenaza dunha escuadra enemiga composta por acorazados armados de artillería de largo alcance. O novo frente de terra composto de muro e foso resultaba inútil para frear a un exército convencional, parece máis dirixido contra unha sublevación tal como a que anos atrás poducirase nos arsenais.

O edificio actual que se conserva, foi construído no século XIX. A principios do XXI, foi adquirido por unha cadea hoteleira e se encontra en estado de abandono, á espera de que se inicien as obras de restauración.
Este castelo está declarado Monumento Histórico do patrimonio español e foi proposto para ser nomeado Patrimonio da Humanidade pola Unesco.



Do Castelo de San Martín os datos que se coñecen son nulos. É o castelo peor conservado, apenas se conservan un par de paredes debido ás voladuras que se efectuaron nas canteiras ó pé da ría que existía na zona ata mediados da década dos 60.

O que si se conserva é o anclaxe das cadeas que unían este castelo co de San Felipe, cruzando a ría.


A cadea utilizábase para impedir o paso a tódolos barcos inimigos que intentaban adentrarse na cidade, ademáis da cadea, os castelos contaban con cañóns e outras técnicas de defensa que facían que a cidade de Ferrol fose inexpugnable para calquera inimigo.

Nesta imaxe vese unha recreación do uso da cadea contra os barcos inimigos.



Por último, déixovos un vídeo do programa "Tu vista favorita" no que se ven bonitos lugares de Ferrol, e onde tamén se fai referencia aos castelos.

5 de marzo de 2012

As moedas durante a época sueva, eran un símbolo de poder político, máis que de poder monetario. Inicialmente, se emitiron moedas seudoimperiais imitando os sólidos



 e as silicuas




de Honorio,coa particularidade de que o primeiro gobernante xermánico que inscribe o seu nome nas moedas é o suevo Requila, quen nunha rara silicua emitida en Bracara, graba o seu nome no reverso "IVSSV RICHIARI REGES" , á vez que mantén a típica lenda do emperador "DN HONORIVS P F AVG" no anverso.

Os suevos acabarían as súas acuñacións cun trémisis propio, unha suposta moeda "nacional" similar ás emitidas por entonces por visigodos e francos . Nestas últimas emisións suevas xa non hai referencia ó poder romano. Aínda que non se poden distinguir ben as lendas, identificaronse : LATINA MVNITA ("moeda romana") e ODIACCA REGIS (en referencia ó ultimo rei suevo)