10 de febrero de 2012

"A lenda do aforcado"

O cronista da época, Vasco da Ponte, sitúa os feitos en 1471. Nese ano as Torres de Altamira –en Brión–  pasan a ser desputadas no campo de batalla polas tropas do arcebispo compostelán Alonso II de Fonseca.
A relación coa familia dos Moscoso tiña como precedente principal oficiar o casamento de Don Lope Sánchez de Moscoso con Constanza Gómez Pérez das Mariñas, cuxo matrimonio fora declarado nulo por consanguinidade . Para intentar compensar ao conde, o mesmo arcebispo volve a casalo coa súa irmá Aldonza de Acevedo y Fonseca, contra a súa vontade. Tal é así que o noso cronista recolle que esta muller “foi aquela condesa de Altamira que se aforcou en Santiago”.
Naquela primeira batalla –a de Altamira– as tropas do arcebispo son derrotadas. Nunha segunda batalla continuadora do movemento irmandiño  –a do Castelo de Vimianzo, en posesión do arcebispo nesa época– as tropas lideradas por Lope Sánchez e outros fanse co Castelo e prometen non facer mal aos sometidos. A todos salvo a un, o peón Fernando de Xinzo, a quen quería tan mal que o mandou aforcar.


Logo de facer todos burla del, é levado á forca. Xa en pleno aforcamento, Fernando de Xinzo chama pola Nosa Señora de Guadalupe para que interceda por el. De súpeto, unha forte treboada fai a súa aparición e tanto os executores como os espectadores foxen; a corda creba e o aforcado cae ao chan. Aínda con vida, logra ponerse en pé e fuxir cara ao monte. Máis tarde, coa axuda dun compadre pasa un ano en Guadalupe e logo volve á súa casa, rouco para a toda vida pola presión daquela corda. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario