19 de abril de 2012

"El Catón Compostelano"

O 1 de maio de 1800, un bibliotecario da Universidade de Santiago (Francisco de Valle Inclán) comezou unha aventura que duraría dous séculos: a publicación do primeiro xornal de Galicia, "El Catón Compostelano". O xornal, moi distinto ós outros que coñecemos, trataba e polemizaba sobre multitude de temas da cultura e sociedade do seu tempo dende a sempre insólita perspectiva do seu autor. A sección de Comunicación do Consello de Cultura Galega recuperou e publicou a colección completa de dito xornal.

¿Sabías que o xornalismo moderno comezou en Galicia no ano 1800? Este xornal foi creado por Francisco del Valle Inclán, devanceiro do escritor de Luces de bohemia. Era bibliotecario da Universidade de Santiago, un home culto de moito carácter.

El Catón Compostelano aporta moitos datos sobre como era a prensa da época. Por el sabemos que os galegos daquela xa gostaban de ler os xornais que viñan do extranxeiro, e que participaban con paixón nas polémicas que ían xurdindo polas palabras de Francisco Valle Inclán.
É un xornal moi distinto ós da nosa época. Saía semanalmente e os seus primeiros números chamábanse "discursos". Cada discurso trataba sobre un tema determinado do que o editor ou os lectores polemizaban. Deste xeito, falábase sobre a utilidade da arte de escribir, sobre a necesidade de escribir unha "historia natural" de Galicia, é dicir, dun gran estudio biolóxico do país, sobre a posibilidade de facer unha "máquina de volar" ou unha curiosa polémica xurdida a partir dun artigo de Valle Inclán sobre a "necesidade dos cregos compostelanos de deixarse barba".

O Consello da Cultura Galega, a través da súa sección de comunicación, coordinada por Xosé López e a axuda de Afonso Vázquez Monxardín, localizou a colección completa e fixo as xestións para que a Xunta de Galicia a adquira para ser patrimonio público.
Posteriormente á publicación destes traballos, atopouse na Biblioteca do Seminario maior de Ourense, unha nova colección que consta de vintedous discursos encadernados en pergamiño.

No ano 2000 o Consello da Cultura Galega celebrou o bicentenario da súa aparición editando un facsímile, xunto cun volume de Estudos. O exemplar elexido para a realización desta reproducción foi adquirido polo CCG ós herdeiros de Ramón Vázquez Salgado. Componse esta colección de vinteun discursos, o mesmo número de entregas que ten a serie que atesoura a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre de Coruña.

A reproducción de El Catón Compostelano ofrécea en formato PDF o Consello da Cultura Galega na súa páxina web, que podedes ver facendo click aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario