18 de mayo de 2012

Entre o blanco e negro, e o 3D.

Moitas cousas cambiaron dende aquelas pantallas e os templos do celuloide ata os máis vanguardistas formatos do 3D, pero non son poucos os testigos que quedaron polo camiño. Foi nas décadas dos 50 e 60 cando comezaron a salpicarse por toda Galicia. O tempo pasaría e, coa xeralización da televisión primeiro e máis tarde con formatos coma o vídeo e o DVD iniciaron o seu declive, que continuaría nos oitenta cos minicines.

E é que o formato dixital convertiu o cine nun espectáculo máis individual, e as salas fóronse convertindo, paulatinamente, en supermercados, cadeas de textil ou edificios de vivendas.

O cine París de a Coruña, foi o primer cinematógrafo galego en 1908, onde se rodou a primeira película en España, "El entierro del general Sánchez Bregua". O histórico Cine Fraga de Vigo, que abriu as súas portas en 1948 coa proxección de "Botón de Ancla" traspasou o tempo, a competencia cos minicines e incluso cun incendio en 1988 para convertirse finalmente no actual centro sociocultural de Caixa Galicia.

Fantasmas tampouco faltan nos cines de Ferrolterra. Os antigos espectadores deteñen o paso ante o Rena ou o Avenida, en Ferrol. En Mugardos, o cine Zárate pechou as súas portas en 1969. Xoia da arquitectura indiana de 1924, o actual goberno local planeou para estas instalacións un centro de día que ó final quedou en nada. E o oco deixado polo famoso cine Perla de Fene, que foi temporalmente utilizado como sala de festas, quedou ocupado finalmente por edificios de vivendas.

No entorno de Santiago, a piqueta urbanística foi pechando de forma paulatina 23 salas de cine dende a década dos setenta e, a día de hoxe, só os 13 minicines de Compostela e os de A Estrada dan servicio a máis de 15.000 persoas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario