16 de mayo de 2012

10 do Marzal.

Nos primeiros días do mes de Marzo de 1972 estala unha forte conflictividade na factoría da empresa naval Bazán. Os traballadores, ó marxe do cauce legal da organización sindical, solicitan un novo convenio colectivo a nivel de factoría, sin querer ser incluídos no que engloba ás outras factorías de Cádiz e Cartaxena.
O 6 de marzo, sin intervención social da factoría ferrolá, é aprobado o V convenio colectivo, aplicable á factoría de Ferrol.
Como acto de protesta ante este feito, os traballadores trataron de levar a cabo unha asamblea diante da dirección da empresa, pero ao ter noticia de que seis obreiros foron expedientados, a reunión non tivo lugar.
O día 9, ó entrar a traballar, os vixiantes das portas exteriores comunicaron ós seis traballadores a suspensión, "invitándoos" a abandonar a factoría. A noticia deste feito rápido chegou ós seus compañeiros, que se foron acercando á dirección. Máis tarde, unha comisión subiu a falar co director, co fin de comunicarlle a non aceptación do convenio interprovincial, e ademais, esixir a anulación da suspensión dos seis compañeiros. Xa pola tarde, accedendo á petición do director, a Policía cargou contra os obreiros para disolvelos.
A media tarde do día 10, frente á porta Norte de Bazán, concentráronse cerca de 1.000 obreiros, que atoparon as portas da empresa pechadas. Os traballadores comezaron unha gran manifestación que se dirixiu cara á plaza de España, por onde continuaron cara as Pías, para pedir solidaridade ós seus compañeiros de Astano.
A policía, tratando de impedir esta acción, comezaron un enfrentamento que se saldou con 40 feridos, e dous falecidos: Amador Rey e Daniel Niebla.
Este acontecemento sería clave para o movemento obreiro galego, chegando a convertirse este día , anos despois, no día da clase obreira galega para os sindicatos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario