5 de marzo de 2012

Os suevos representan, para a historia de Galicia, a primeira experiencia dun Estado independente. Hoxe valórase este feito con moitas matizacións. Parece que os suevos non foron os promotores de cambios fundamentais, senón que se limitaron a favorecer unha serie de transformacións da sociedade galega. Durante a etapa sueva definíronse os límites xeográficos básicos da futura Galicia, puxéronse as bases da organización comarcal e local, e a igrexa e os propios habitantes inician unha nova época, a Idade Media.
Nun aspecto no que a influencia sueva resultou clave foi na organización da Igrexa e na definitiva cristianización do territorio galaico.
No aspecto artístico, non se conservan demasiados restos da época germánica no territorio galaico. Entre os primeiros mosteiros Galegos está San Pedro de Rocas (Ourense)


 Tamén as denominadas “laudas en estola” (tampas de sartegos cunha forma que lembra unha estola eclesiástica) son atribuídas á etapa sueva, 


así como pezas de ourivería .

No hay comentarios:

Publicar un comentario