Vouvos contar un pouco de cada un destes reis, que marcaron o principio e o final do reino suevo en Gallaecia.
Hermerico reinou dende o ano 411 ata o 438 (3 anos antes da súa morte). Durante o seu reinado, someteu á poboación galaico-romana, e asinou un "foedus" (un pacto con Roma) no que establecía o seu reino na provincia romana de Gallaecia. Actuaba como federado de Roma, e mantivo a paz con eles, enfrontándose aos vándalos que se refuxiaran en Gallaecia despois de ser atacados polo visigodo Valia e chegaron a poñer en dificultades ó exército suevo nos Montes Nerbasos no ano 419, resolvendo Hermerico a situación, o que fixo posible a ocupación de toda Gallaecia mentres os vándalos marchaban cara a Bética. Hermerico abdica no ano 438, despois de sete anos de enfermidade, deixando todo o seu poder nas máns do seu fillo Requiario.
Andeca gobernou o Reino de Galicia entre os anos 584 e 585. Leovixildo (rei visigodo) adentrouse en Gallaecia cos seus exércitos, e tras derrotar a Andeca, saqueou a capital (Braga) e se anexionou ó reino de Gallaecia, co que finalizou o mandato dos suevos no reino de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario