19 de marzo de 2012

Teatros de Ferrol.

Dentro da historia de Ferrol, os teatros teñen moita importancia. Cidade que dende o século XVII veu como o seu crecemento (grazas á creación do Astillero e do Arsenal), facían dela unha cidade moderna que empezou a ter inquietudes culturais. Dentro destas atoparía a súa paixón polo teatro. Sería esta a razón pola que o empresario dunha compañía de óperas italiana, Nicolás Settaro, elixiría a cidade de Ferrol para construír o primeiro teatro que as súas rúas verían. O seu apelido servirá de nome ó mesmo, o teatro Settaro.

Entre o ano 1769 e 1770 este teatro vería a luz. Comezaría así unha longa lista de teatros que encherían de vida a cidade que verían o seu final ben por incendios nunca explicados ou por peches inesperados. 

Volvendo ó empresario italiano, este elixiu A Coruña como primeira cidade de Galicia para construír un teatro ante o desexo expreso do concello. Deste xeito, a súa empresa construiría o primeiro teatro da ópera de Galicia que sería derrubado ó ano seguinte. Ante este fracaso, decide probar sorte na cidade de ferrol. 
O Settaro estivo situado no que hoxe constitúe parte da Rúa da Iglesia no seu cruce cóa Rúa da Terra. Reducido a cinzas o 15 de Novembro de 1807, hoxe en día non queda nada da súa estructura, xa que novas vivendas se alzan no seu lugar. No seu recordo nin sequera unha placa, sería o primeiro dos olvidados.

Foron 10 anos os que Ferrol permaneceu sen teatro ata que en 1817 o Teatro Principal facía a súa aparición. Nun principio era un pequeno almacén que se improvisou como teatro suplindo as necesidades dun espazo no que poder representar. O seu constructor foi D. Vicente Lembeye que creou un espazo capacitado para 360 espectadores. A súa desaparición nin sequera está datada, a última noticia que se ten del é do ano 1878, segundo os arquivos do concello de Ferrol. Debido á súa pouca capacidade foi utilizado para pequenos espectáculos e de pouca capacidade, algo que se vería intensificado pola crise. 

O teatro filarmónico coexistiría nos derradeiros anos do Teatro Principal. A súa situación e data de creación son datos que se descoñecen, sendo de 1861 a primeira noticia que se ten del. Un pouco máis grande que o anterior, pertencía á Sociedade do Liceo de Artesáns. A súa peculiaridade é que contaba con dúas seccións, unha de declamación e outra de canto. Os últimos datos do mesmo son de 1869.

Tanto o Teatro Principal como o Filarmónico non reunían as condicións que o público ferrolán demandaba en canto a teatros. O aumento progresivo do benestar da cidade e do seu número de habitantes quería outra cousa mellor, querían teatro de calidade e en lugares de calidade. Froito desta petición foi a reunión que tivo lugar en 1862, ano no que toda unha serie de personalidades ligadas ó mundo cultural e político da cidade decidiron que o que necesitaba a cidade era un Teatro Jofre. O futuro coliseo abría as súas portas en 1892, pero antes falemos do Romea e do Teatro Circo. 

O Teatro Circo situábase no que hoxe é o emplazamento do mercado central de Ferrol. Estes terreos, sendo propiedade do concello, foron cedidos para a súa construcción. Inaugurouse o 13 de Xullo de 1879 sendo derribado dez anos despois pola necesidade que tiña a cidade dun mercado central. Ó ser os terreos propiedade do concello, o teatro veuse relegado en favor do novo mercado.

O Teatro Romea é outro dos descoñecidos desta longa lista. A súa orixe se descoñece, aínda que as primeiras noticias rondan o ano 1885. Situado na actual Rúa do Sol, tiña aforo para 440 persoas. Dous anos despois da súa apertura, sufrirá varias modificacións ampliando a súa capacidade e ó igual que o Teatro Circo, estaba destinado a representacións dramáticas, óperas, zarzuelas así como outros espectáculos de variedades. Non se sabe en que ano cerraría as súas portas ó público. En 1915 parece ser que recibiu invitados por última vez coa celebración dun mitin. A partir de entón sería destiñado a almacén, unha mostra máis do pouco aprecio que tiña a administración polos teatrais lugares nesta vella cidade. 

Entramos no século XX con dous edificios que marcarán a escea teatral desta cidade ferrolana. Un será o New England, situado enfrende do Jofre, no lugar hoxe ocupado por Correos. Inaugurouse no ano 1906 e desapareceu en 1914. Construído en madeira e con pouca capacidade, servía para a representación de espectáculos de pouca calidade para aquelas persoas que non podían pagar as costosas entradas do teatro Jofre, que xa por entonces era "o teatro dos ricos".


O outro protagonista do S.XX xunto co New England, foi o Teatro Renacemento (popularmente chamado Rena). Cunha longa historia de fama e decadencia, incendios e xulgados chegaría ós anos 80 de pasado século. Último dos esquecidos, ó longo de cas tres séculos de teatralidade abandonada.


No hay comentarios:

Publicar un comentario